A USC, entre as mellores universidades do mundo segundo o QS World University Rankings

0

 O da reputación é un dos parametros usados na listaxe por medio dunha enquisa entre académicos

Santiago, 07/09/2016 – A Universidade de Santiago mantense no intervalo 551-600 do QS World University Rankings que acaba de facer pública a súa actualización correspondente ao curso 2016-2017. A de Santiago é unha das vinte e unha universidades españolas reflectidas nesta listaxe, de entre as que se atopa na décimo terceira posición na mesma posición que Valencia e Politécnica de Madrid.

Esta clasificación internacional destaca da institución compostelá como criterios máis destacados a súa reputación académica e entre os empregadores así como o índice de citacións por profesorado. Na avaliación final xustamente o de reputación académica é o de maior peso ao representar o 40% da nota final, estando elaborado en base a unha enquisa anual entre académicos. Tamén destaca o valor atribuído ao volume de citacións por profesorado, 20% da nota final, e que se obtén dos datos contidos en Scopus. O seguinte criteiro de maior importancia é o da ratio entre profesorado e estudantado (20%), ao que lle seguen o de reputación entre empregadores (10%), proporción de profesorado internacional (5%) e número de estudantes estranxeiros (5%).

Ademais da avaliación global, en ámbitos temáticos concretos o QS World University Rankings destaca da USC as áreas de Linguas modernas (na posición 201-250), Lingua e Literatura inglesa (251-300), Estudos medioambientais (251-300) e Matemáticas (301-400).

QS World University Ranking

Publicado anualmente, o ránking QS proporciona un índice dos que considera como os principais centros de educación superior de todo o mundo, a partir de seis indicadores de rendemento. Este ano ampliouse para ofrecer 916 universidades (25 más que o ano pasado) en 81 países, a partir dos datos dunha avaliación de máis de 3.800 institucións.

No ano 2013 converteuse no primeiro compilador de clasificacións internacionais auditado  polo IREG Observatory on Academic Rankings and Excellence.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial