займ срочно

A USC envía a Antártida o detector de raios cósmicos TRISTAN

0

Compostela, 28 de novembro do 2018 –  O detector de raios cósmicos de alta resolución TRISTAN (Trasgo para Investigacións Antárticas) viaxa xa cara a Antártida a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa nunha misión de apoio á Campaña Polar Española.

TRISTAN foi desenvolvido por unha colaboración entre a Universidade de Santiago e o LIP de Coimbra (Laboratorio de Instrumentación e Física Experimental de Partículas) e irá tomando datos de forma continua entre os paralelos 42ºN (Vigo) e 53ºS (Punta Arenas, Chile), que se sumarán aos que recolecte no traxecto de regreso a próxima primavera.

O equipo encargado do desenvolvemento de TRISTAN agarda con esta campaña reunir unha gran cantidade de datos de alta precisión en dúas épocas do ano distintas (outono e primavera), o que permitirá profundar na forma de corrixir en terra o efecto da temperatura da atmosfera nos raios cósmicos, problema que está sen resolver dende o seu descubrimento a comezos dos século XX.

O proxecto está dirixido polo profesor Juan A. Garzón, do LabCAF do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da colaboración ORCA (Observatorio de Raios Cósmicos Antártico) que coordina o profesor da Universidade de Alcalá Juan José Blanco. Esta última achega ao observatorio un monitor de neutróns de baixa e alta enerxía e un telescopio de muóns. O detector instalarase de forma definitiva no observatorio ORCA na base antártica española Juan Carlos I na próxima campaña 2019-2020. Deste xeito, o observatorio terá capacidade para medir a incidencia de raios cósmicos en superficie nesta rexión cun precisión angular e unha capacidade de identificación de partículas sen precedentes. Os rexistros que se acaden permitirán mellorar o coñecemento tanto da natureza e e orixe dos raios cósmicos como da actividade solar ou o campo magnético terrestre, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies