займ срочно

A USC súmase un ano máis ao evento Pint of Science

0

Compostela, 15 de maio do 2018 – Pint of Science, o festival de divulgación científica que propón un encontro entre persoal investigador e público nos bares, celébrase desde onte en 57 cidades de toda España, Compostela entre elas.

Na edición 2018 das Pint of Science, que duran ata mañá, participan a nivel nacional 730 científicos en 105 bares. O festival en Santiago ten lugar os tres días ás 20.00 horas na Nave de Vidán (entrada de balde) e nel participarán convidados de recoñecido prestixio internacional, que falarán de temas de actualidade como o cambio climático e o efecto que ten o clima nos seres humanos; a obesidade como a enfermidade pandémica do século XXI ou a prisión permanente revisable e a reinserción de delincuentes como utopía ou realidade. Ademais, as charlas intercalaranse con actividades de ciencia cidadá, nas que o público de todas as idades poderá sentirse partícipe de primeira man dalgún proxecto ou experimento científico.

O programa

O Pint of Science en Santiago comezou onte luns coas intervencións ‘Sete xigantes na palma da man’ de Nieves Pilar Vidal González (CSIC); ‘Trump non o cre, e ti?’ de Susana Bayo Besteiro (UVigo); e ¿Que lle di un esqueleto a outro? de Olalla López Costas (USC). Hoxe martes continúa coas charlas ‘O teu cerebro engórdache?: Historia de ratos e de humanos’ de Rosa Mª Señaris (USC); ‘Alimentación no século XXI: ademais de gordos, parvos?’ de José L. Pardo (UDC); e ‘A obesidade, a nova epidemia do XXI’ de Fernando Cordido (CHUAC).

A cita remata mañá mércores falando de ‘Que pode contarnos a xenética forense?: CSI, verdades e mentiras’ de Victoria Lareu (USC); ‘A reinserción do delincuente: realidade ou utopía’ de Xosé Antón Gómez (USC); e ‘A prisión permanente revisable’ de Miguel Abel Souto (USC).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies