A USC inaugura a mostra Cidades invisibles

0

Compostela, 11 de xullo do 2019 –  A Igrexa da Universidade acollerá a partir de esta tarde a mostra Cidades invisibles, proxecto expositivo da Asociación Cultural Fotoforum Compostela.

Cidades invisibles ten como referente o libro de Italo Calvino do mesmo nome. A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e o fotógrafo e comisario da mostra, Fucos Reyes, inaugurarán a exposición nun acto que comezará as 20.00 horas.

cidades invisiblesCada unha das fotografías que compoñen esta exposición colectiva representa a cidade invisible do seu autor ou autora. Son cidades que se constrúen a través das lembranzas; lugares que se visitan como nun soño; rúas onde o transeúnte pode sorprenderse cunha sombra ou un reflexo que o invita a penetrar no seu misterio; prazas nas que se atravesa o tempo; esquinas que ao dobrar nos trasladan a outras vidas non vivimos por azar, ou por destino.

O conxunto expositivo parte da idea proposta no libro As cidades invisibles, onde Calvino propón unha serie de relatos de viaxes que Marco Polo narra a Kublai Kan, emperador dos tártaros. Neles, Marco Polo describe lugares fantásticos: cidades escondidas, continuas, sutís; desexos, nomes, ceos, intercambios, mortos, ollos e signos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial