A USC inicia a renovación do seu cadro de persoal de administración e servizos

0

Compostela, 8 de xullo do 2019 – A ampliación do prazo para acollerse á xubilación parcial anticipada e a recuperación da idea de xubilación forzosa aos 65 anos son dúas das propostas coas que a USC inicia a renovación do seu cadro de Persoal de Administracións e Servizos (PAS).

A renovación do cado de persoal foi negociada con todos os sindicatos representantes do persoal laboral na universidade compostelá e que desenvolve un dos puntos principais do Plan de PAS presentado o pasado mes de maio aos representantes dos traballadores/as. Igualmente, a USC fará efectivo neste mes de xullo a subida salarial adicional do 0.25% ligada ao PIB para os empregados/as aos que lles é de aplicación e que foi establecida no segundo acordo do Goberno estatal cos sindicatos.

Na USC a idade media do PAS supera os 52 anos, por riba da medida de todo o estado (48,3 anos). Co obxecto de iniciar a renovación do cadro do PAS e frear o aumento desta idade media, a Xerencia da USC e os representantes deste colectivo laboral, negociaron un acordo asinado este venres que ofrece a posibilidade de acollerse á xubilación parcial anticipada ata 2023. Con esta medida, quen así o desexe poderá reducir un 50% a súa xornada ata que cumpra a idade de xubilación ordinaria aplicable. A USC contratará a persoal de remuda para cubrir o outro 50% da xornada.

A segunda das medidas negociadas e acordadas recupera a idade de xubilación forzosa aos 65 anos. O Convenio Colectivo do PAS xa establecía esta idade pero non era de aplicación dende 2012, froito das medidas adoptadas polo goberno estatal fronte a crise económica.

Lembrando a filosofía dos eixos da Programación Plurianual 2019-2022 en relación a xestión de persoal, o xerente Javier Ferreira sinalou que “o persoal da USC constitúe un dos seus activos esenciais e unha das súas principais fortalezas”. Neste senso valorou “moi positivamente a actitude e disposición das organizacións sindicais pra chegar a un acordo que abra a posibilidade de renovar o persoal de administración e servizos, un dos principais retos da USC nos vindeiros ano”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial