A USC leva a ensinanza da microbioloxía a Twitter

0

Compostela, 22 de decembro do 2018 – A USC foi, xunto coas Universidades de Oxford ou Stanford, unha das dezaoito institucións científicas e académicas que participaron no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña a través de Twitter, unha iniciativa organizada polo grupo de Ensino e Difusión da Microbioloxía da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM) coa colaboración da Federación de Sociedades Microbiolóxicas Europeas (FEMS).

Ao longo de sete semanas de outubro e novembro e con clases programadas de antemán, un total de 21 microbiólogos de distintas universidades e centros de investigación localizados en Europa, Estados Unidos e Corea do Sur impartiron conferencias en forma de chíos. En concreto, da Universidade de Santiago participou o profesor da USC Jesús L. Romalde, que falou sobre patoxenicidade e virulencia bacteriana.

En total, 3.041.388 usuarios únicos publicaron no curso e houbo 47.295.396 impresións (veces que os usuarios viron publicacións con #EUROmicroMOOC). Ademais, o número de seguidores da conta de @SEMicrobiologia Twitter aumentou en 1.143 despois das sete semanas. En canto ao seguimento, repartiuse por todo o mundo: o 64,5% de España, o 13,9% do resto de Europa, o 10,2% de América Latina e o 5,7% dos EE. UU.

Os datos confirman, segundo un dos organizadores, o profesor da Universidade de Navarra Ignacio López-Goñi, que o curso é unha “valiosa ferramenta” accesible para grandes audiencias “para comunicar a ciencia, facer a ciencia aberta e accesible e aumentar a visibilidade da microbioloxía en todo o mundo”.

O curso pode agora consultarse en liña grazas á ferramenta Wakalet aberta en https://wakelet.com/@SEMicrobiologia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial