займ срочно

A USC organiza ’24 horas nadando pola igualdade de xénero no deporte’

0

Compostela, 15 de febreiro do 2019 –  O Servizo de Deportes da USC organizará o vindeiro 6 de marzo unha xornada co reto de realizar ’24 horas nadando pola Igualdade de Xénero no deporte’.

Estas 24 horas son unha iniciativa que carece de carácter competitivo e cuxa finalidade é erixirse simbolicamente contra a discriminación de xénero, de xeito particular, no deporte. A inscrición xa se pode formalizar a través da web.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 6 anos que deberán acudir á piscina da USC provistos de bañador, gorro e ‘chanclas’ en calquera horario do evento. Ademais será necesario asinar o manifesto pola igualdade e a participación da muller no Deporte presentado polo Consello Superior de Deportes e dispoñible nas propias instalacións universitarias. Quen decida unirse e nadar, poderá facelo de forma individual ou colectiva, asistindo a clase quen sexa usuario/a da Escola de Natación da USC ou acudindo como público.

Como referencia está previsto que cada persoa realice un tramo de 10 minutos de duración. Aquelas asociacións, clubs ou organizacións interesadas en participar deberán poñerse en contacto co Servizo de Deportes (deporsec@usc.es) para planificar a súa presenza na actividade. As cen primeiras persoas que formalicen a súa inscrición recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies