A USC presentou o novo Mapa do Radon en Galicia

0

Compostela, 26 de xuño do 2019 –  O Mapa de Radon de Galicia acumula xa máis de 4.300 medicións, segundo os seus responsables un “número relevante de medidas” nas que se fixo fincapé na provincia de Pontevedra, aínda que tamén se suman novas medicións nas outras provincias.

Da Coruña existen 1.794 rexistros en domicilios, seguida de Pontevedra con 1.412. Por concello, o que maior número de medicións acumula é o de Vigo, con 409, seguido de Santiago de Compostela con 284 medicións de radon en interior. Todas elas poden consultarse por concello, comarca e provincia de orixe na páxina web do Laboratorio de Radon de Galicia da USC (www.usc.es/radongal ou www.radon.gal.

mapa do radon en GaliciaA última actualización deste Mapa presentárona en rolda de prensa os profesores Alberto Ruano Raviña e Xoán Miguel Barros Dios, cos directores do Laboratorio da USC e os subdirectores xerais de Epidemioloxía, Xurxo Hervada Vidal, e de Programas de control de Riscos Ambientais, Ángel Gómez Amorín. O Mapa elabórao o Laboratorio de Radon de Galicia, da Facultade de Medicina da USC, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade.

Segundo os datos acumulados ata o momento e que seguirán medrando durante o presente ano, as provincias con maior concentración de radon son Ourense e Pontevedra co 22,9 e 19,8%, respectivamente, das vivendas medidas que superan o nivel de referencia (NR) dos 300Bq/m3, nivel que marca a Directiva Europea pendente de ser trasposta á lexislación española. Como explicaron os responsables do Mapa, por concellos existe unha gran variabilidade, con varios situados nas provincias do sur de Galicia que presentan “concentracións de radon relevantes”.

O novo Mapa determina unidades máis pequenas

O Mapa de Radon de Galicia permite a esta comunidade ter un maior volume de información sobre este gas que o resto do Estado, sendo a primeira iniciativa a nivel estatal que vai máis alá do municipio como unidade xeográfica de análise.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial