займ срочно

A USC recibe a biblioteca persoal de Valle-Inclán

0

Compostela, 23 de maio do 2018 – A USC recibiu a doazón da biblioteca persoal de Valle-Inclán, son máis de 5.000 volumes entre os que se atopan 600 libros dedicados por outros autores.

A entrega á USC da biblioteca persoal de Ramón del Valle-Inclán, así como do arquivo familiar, documentación sobre representacións teatrais das obras do autor, traducións e outros documentos diversos permite “unha imaxe da totalidade” respecto de Valle-Inclán e, en definitiva, o acceso “ao taller do escritor”. Con esta metáfora, a directora da Cátedra Valle-Inclán, Margarita Santos Zas, describía a importancia da cesión á USC do legado do escritor formalizado nunha presentación pública na Reitoría da USC coa presenza do reitor Juan Viaño e de Javier del Valle-Inclán Alsina, en representación da familia do autor. Tamén estiveron presentes a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e a directora da Biblioteca Universitaria, Mª Isabel Casal. Margarita Santos explicaba para Lindeiros quen era Valle-Inclán

A nova cesión á USC inclúe a biblioteca persoal do escritor, que contén arredor de 5.000 volumes dos que máis de 600 son libros dedicados por outros escritores; o arquivo da familia, con máis de 30 volumes; e o fondo documental de Mercedes Alsina Gómez-Ulla e Carlos del Valle-Inclán Blanco que integran unha colección de tomos encadernados con documentación de prensa do período 1936-2006, entre as que se atopan novas sobre a biografía do escritor ou sobre as súas estreas e críticas xornalísticas, entre outros. Tamén se atopan un cento de carpetas con fotografías, recortes de prensa e programas de man de diferentes estreas teatrais de obras de Valle-Inclán. Trátase de material de especial relevancia ao dar conta dos intereses intelectuais do autor (historia, filosofía, política, esoterismo ou arte, entre outros) así como das súas preferencias como lector en relación á literatura española, galega e foránea. A Directora da Biblioteca Xeral da USC, Mabela Casal, nos explicaba que si todas as doazóns son importantes en este caso trátase dunha excepcional que complementa o que xa tiña a USC

A incorporación da biblioteca persoal permite á USC dispor do fondo documental e bibliográfico máis importante dos existentes na actualidade “de quen foi alumno desta universidade e hoxe un dos autores que se poden chamar clásicos”, afirmou o reitor Juan Viaño. Como aseverou o reitor, “a USC comprométese, como non podería ser doutro xeito a conservar a difundir este fondo documental Valle-Inclán que contribúe a engrandecer o valor intrínseco da Biblioteca Universitaria e, por extensión, o da propia universidade e que sitúa a USC como referente internacional dos estudos valleinclanianos”. O reitor agradeceu aos descendentes do escrito “a xenerosidade e confianza na USC por depositar nela o seu patrimonio persoal e familiar” destacando nomeadamente na figura de Javier Valle-Inclán “polo seu eficaz papel de intermediario co equipo técnico formado pola director da Biblioteca Universitaria, a directora da Cátedra, os responsables de Patrimonio e dos servizos xurídicos da USC”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies