A USC volve a mirar ao ceo na noite do Gaias

0

Compostela, 4 de xullo do 2018 – As Visitas Astronómicas volven este verán da man da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

Durante os sábados do verán realizaranse sesións de observación astronómica, de balde aínda que con inscrición previa, dirixidas a un público familiar e co asesoramento de membros da USC.

A través de telescopios e prismáticos e seguindo as explicacións técnicas de monitores, as persoas asistentes observarán a lúa, os planetas, estrelas dobres ou nebulosas, aprendendo ademais, valéndose dun planisferio, a identificar as constelacións á primeira ollada.

O programa alóngase durante todo o verán cun total de dez sesións que se desenvolverán as noites dos sábados ata o 15 de setembro, agás o 28 de xullo e o 25 de agosto. Prográmase ademais unha sesión extraordinaria para a noite do domingo 12 de agosto, coincidindo coa Noite das Perseidas. Se o tempo acompaña, as ‘bágoas de San Lourenzo’ poderán observarse desde o Gaiás nunhas óptimas condicións de visibilidade, con mínima contaminación lumínica.

A través do web http://www.cidadedacultura.gal está aberta a inscrición nas sesións de xullo e agosto, para as que quedan xa poucas prazas. Dado o grande interese que esperta esta actividade, o luns previo a cada unha das sesións abrirase a inscrición para 25 prazas adicionais nesa mesma quenda semanal. Ademais, o 6 de agosto abrirase a inscrición para as quendas de setembro aínda non dispoñibles.

Recoméndan traer roupa de abrigo para participar na actividade. No caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables, a sesión trasladarase ao auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial