займ срочно

A Vaquiña, un asador de producto

0

Moi cerca do Hospital Clínico de Santiago, na rúa Sempre en Galicia, atópase o asador restaurante A Vaquiña. Achegámonos a el como recomendación de Kike da Horta do Obradoiro, a nosa anterior reportaxe de gastronomía.

Diego Cortés e David Caamaño son os dous socios que puxeron en marcha este local. O momento, sen que o souberan, foi o peor posible pero conseguiron comezar a andar pese as dificultades

David Cortés

Xunto ás polbeiras as churrasquerías son parte da cultura popular en Galicia. Desde hai un tempo comezan a aparecer asadores que como este intentan marcar unha diferencia

A aposta polo produto local foi clara desde o principio, hai boa carne de importación pero a de aquí sábese como foi criada

Diego Caamaño

Cando un entra na Vaquiña atópase de fronte cun xamón, un bo xamón, un produto que chega ao local a partir da experiencia de Diego e David nos seus anteriores traballos

No caso dos viños optan polos tintos de fora e os brancos de aquí. Nas súas viaxes pola península foron descubrindo bodegas pero todas é imposible que formen parte do local

Na entrevista falamos tamén dos distintos tipos de carnes, da súa maduración ou dos cortes que ofrecen. Tedes a conversa completa no noso podcast semanal ao que podedes acceder a través da app para o teléfono que tedes aquí ou na web desde aquí. Apoiando a Lindeiros contribuídes a unha información local e independente, teredes acceso a vantaxes especiais e comunicación directa con nos para recomendarnos temas, preguntarnos o que queirades ou denunciar o que vos pareza convinte.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies