A veciña de Ames Nadia Iglesias, subcampiona no europeo de patinaxe artístico

0

 É a primeira vez que a patinadora amesá sube a un podio nun campionato europeo

Ames, 09/09/2016 –  A patinadora amesá, Nadia Iglesias de Salvador, volve do campionato europeo de patinaxe artística cunha medalla de prata na categoría xuvenil. Despois do seu ouro no campionato de España a deportista conseguiu subirse por primeira vez ao podio europeo o pasado 29 de agosto na localidade alemá de Friburgo. O seu compañeiro de viaxe e de club, Iago Méndez Fuentes, acadou a medalla de bronce na categoría cadete.

A patinadora e os seus compañeiros celebrando a prata

A patinadora e os seus compañeiros celebrando a prata

Non é a primeira vez que Nadia Iglesias participa nun campionato europeo, mais si a primeira na que sube ao podio. A patinadora amesá acadara o cuarto posto na Copa de Europa do ano 2013 e un quinto na de 2014. Case corenta puntos afastaban á subcampioa española de patinaxe artística do ouro de Nadia Iglesias en Alicante. A súa puntuación nos dous exercicios -o programa corto e o programa largo- cos que participou no campionato estatal auguraban os bos resultados en Friburgo. A patinadora sufriu unha torcedura importante no pé dereito durante o primeiro día, o que non impediu que acadase a segunda posición no programa corto o día 28 de agosto. O 29 consolidou a súa medalla de prata coa súa exhibición no programa longo. Ambos exercicios foron creadas para ela polo coreógrafo arxentino Daniel Arriola.

Coa patinadora viaxaron dous membros máis da Federación Galega de Patinaxe Artístico:  Iago Mendes Fuentes e Manuela Vila Doldán. O primeiro, compañeiro de Nadia do CPA Maxia e tamén alumno de Rosa García, volveu cunha medalla de bronce na categoría cadete masculina, mentres que Manuela Vila acadou un sexto posto na feminina.

Nadia Iglesias leva patinando dende ben pequena. Dende xa fai un ano comezou a adestrar baixo a tutela de Rosa García, do CPA Maxia, unha das persoas que, confesa a deportista, devolveu “as ganas de competir”. Este curso comeza o seu derradeiro ano no instituto no IES de Ames, coincidindo ademais co seu cambio de categoría. Nadia competirá na categoría Júnior, o cal lle abre ás portas a un campionato mundial. A patinadora confesa que “é difícil” pero que traballará “duro e intentareino”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial