займ срочно

A violinista Elina Viksne abre a programación musical da USC

0

Compostela, 7 de setembro do 2018 –  A recoñecida violinista letona Elina Viksne, membro da Real Filharmonía de Galicia, será a encargada de inaugurar a programación musical da Universidade de Santiago para o presente curso académico.

A cita con Elina Viksne será o luns 10 cun concerto, ás 20.30 horas no Paraninfo, que servirá ademais de broche final ao ciclo ‘Oculta Polifonía’ que a Área universitaria de Cultura desenvolve dende hai uns meses con grande éxito de crítica e público. O ciclo estivo dedicado ás sonatas e partitas para violín e ás suites para violonchelo de Johann Sebastian Bach, e en concreto Elina Viksne interpretará no último dos concertos  a Sonata n.º 2 en La menor, BWV 1003 e a Partita n.º 2 en Re menor, BWV 1004.

Elina Viksne

Nacida en Riga (Letonia), Elina Viksne comeza os estudos de violín á idade de 5 anos no seu país de orixe. Realizou recitais desde os 10 anos en Letonia, Lituania, Francia, Suíza, Portugal e España, colaborando con pianistas como Lili Sarkistayan, Ángel González e Ileana Cortizo.

No seu haber conta con numerosos premios, entre os que destacan o Grand Prix no Balys Dvarionas II Internacional Competition of Young Pianists an Violinists en Vilnius (Lituania) e diploma pola mellor interpretación da música Barroca e os primeiros premios no Concurso Nacional de Letonia e no Internacional ‘Villa de Sahagún’ (España).

Como docente desenvolveu unha importante actividade en centros como o Autorizado de Música Santa Cecilia (Madrid), o Profesional de Música Antonio Machado (Salamanca) e o Conservatorio Profesional da Estrada (Pontevedra).

É a fundadora da Asociación Compostela Sound, desempeñando o cargo de presidenta, e desde 2017 é vicepresidenta da Asociación Peregrinos Musicais. Como integrante de varios grupos de música de cámara, desenvolve unha gran actividade en festivais internacionais e concertos de música de cámara.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies