A Xefatura Territorial de Minas esixiu a mina de Touro solucionar de forma urxente os vertidos

0

Bisbarra, 25 de xaneiro do 2019 – A Xefatura Territorial de Minas obriga a Explotacións Gallegas, propietaria da mina de Touro, a corrixir o drenaxe de augas da mina de Touro e eliminar os vertidos de forma urxente.

A Xefatura Territorial de Minas realizou unha inspección o pasado mes de xullo A visita como resultado un requerimento que empraza a Explotacións Gallegas, S.L. actuar de maneira perentoria sobre as augas que verte, carecendo de autorización, os regos de Angumil, Portapego e Felisa. O organismo esixe , entre outros, un proxecto de drenaxe, tratamento, e control de augas, e con unha especial énfase, inspección mineira, pide separar as augas da choiva das augas da explotación.  A empresa mineira tamén está obrigada a presentar unha memoria trimestral sobre o seguimento e control das augas a través de analíticas nos puntos de vertido, e con relación a punto de vertido de Bama, tantas veces denunciado, minas, solicita mostras quincenais. 

Estes datos atópanse no “Proxecto de drenaxe temporal da Mina de Touro”. Proxecto que se atopa na actualidade sometido a información pública, tras saír publicado no BOP este pasado luns, 21 de xaneiro, e que se pode consultar no Servizo Territorial de Augas de Galicia Centro, sito na Rúa de Tomiño, 16-baixo, en Santiago de Compostela tal e como desvelou o concelleiro socialista de O Pino Oscar Vilar.

Críticas aos alcaldes

O concelleiro de O Pino, Óscar Vilar (PSOE), tras un pequeno estudo da documentación lamenta que esta iniciativa non sexa “de motu propio” por parte de EXGA, “lendo o expediente é fácil comprobar que todo isto ven motivado por un requirimento concluínte por parte de Minas e que pon de manifesto todo o que levan denunciados os veciños, asociación e plataformas” apunta.

Así mesmo, tamén critica que, a día de hoxe, nos Concellos de Touro e O Pino a veciñanza non poida consultar todo o expediente. O concelleiro culpa de esta falta de información aos Alcaldes, Ignacio Codesido e Manuel Taboada (ambos do PP), “resulta difícil de crer, que tras a polémica xurdida polo proxecto de reapertura da explotación mineira, os Alcaldes sigan permanecendo pasivos e aínda non teñan solicitado toda a documentación para comprobación e estudo”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial