займ срочно

A xestión dos comedores de Ames leva a débedas involuntarias de 700 euros en algunhas familias

0

Ames, 15 de novembro do 2018 – Ames Novo denuncia que a mala xestión de servizos como os comedores ou os lúdicos pode levar a que algunhas familias acumulen débedas de 700 euros ao non ser pasados os recibos en tempo.

As familias veñen denunciando desde hai tempo que non se pasan ao cobro os servizos complementarios desde xullo o que ten como resultado que factura final é cada vez maior. Están pendentes de emitir os recibos dos Bos días Cole e dos Comedores Escolares de setembro e outubro ademais dos veráns lúdicos de xullo e agosto.

 

Revisa tódolas novas publicadas sobre comedores escolares

Insensibilidade

A preocupación das ANPAS ante a intención do concello de pasar tódolos recibos este mesmo mes, dado que sería unha factura moito maior da prevista, foi contestada polo concelleiro de educación David Santomil cun correo electrónico  no que lles pide que transmitan ás familias que este gasto o debían ter previsto. O voceiro de Ames Novo Quique Costas explica que para as familias  “Aparte a fata de sensibilidade que se manifesta na resposta, na nosa opinion, é un acto de covardía política escudarse nas Anpas para transmitir semellante resposta. En primeiro lugar non todas as familias usuarias dos comedores están afiliadas as Anpas, e, por outra parte, debera ser o Concello quen dea a cara e lle transmita ás familias directamente semellante xuízo”.

Ames Novo critica a actitude do goberno municipal que “Ao parecer o decidiu erixirse en administrador das economías familiares de quen usa os servizos complementarios educativos”. O grupo esixe do Goberno municipal que se dean facilidades aos usuarios para fraccionar esta débeda involuntaria, só atribuíble a un mal funcionamento da administración municipal, comunicando a posibilidade de fraccionar o pagamento en ata 6 prazos directamente a cada familia afectada.

Por outra parte, a Iniciativa Cidadá Ames Novo, recorda que segue sen darse cumprimento ao acordo do Pleno do pasado mes de Setembro de que o Concello “poñerá en marcha de xeito urxente todas a medidas provisionais necesarias para a absorción” das 93 crianzas que quedaron fóra pola falta de previsión municipal. En palabras de Quique Costas “o único que ata agora fixo o Concelleiro da área foi aducir escusas manifestando a falta de vontade por parte do goberno de materializar este acordo plenario. Para nós a

sucesión de manifestacións de falta de vontade e de sensibilidade en todo o relacionado coa xestión dos comedores xa chegou ao límite do admisible. O goberno ten que ser consciente de que nós non podemos tolerar o que está sucedendo, a falta de atención ás persoas que demandan un servizo básico e a desobediencia ao Pleno. Isto, xunto coa falta de accións para remunicipalizar servizos municipais, fai perigar o mantemento futuro das relacións bilaterais”, enfatizou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies