займ срочно

Silleda, 17 de outubro do 2018 – O encontro informático XGN R Encounter, celebrado na fin de semana no recinto Semana Verde de Galicia, leva camiño de converterse na segunda a nivel nacional despois dos resultados de esta edición.

Os responsables da XGN R Encounter consideran que esta décimo oitava edición supuxo “un paso de xigante” no proxecto de crecemento da party, que comezou o pasado ano. O encontro recolleu hai un ano a idea da antiga Xuventude Galicia Net adaptándoa a actualidade tanto a nivel técnico como de contidos. Na edición 2018 chegouse aos 900 inscritos e polo recinto pasaron máis de 1.500 persoas. A cita contou coa colaboración da empresa R e a Consellería de Política social como principais impulsoras.

Un encontro tan social como profesional

A XGN R, como outras partys informáticas, é algo máis que unha cita de aficionados á tecnoloxía. Sabino San Vicente é op coordinador das encouters que se celebran no Pais Vasco, desde este ano en Ourense e esta de Silleda. Explica que serven para que a xente se coñeza fora da rede pero tamén para crear lazos que as veces derivaron na creación de empresas

Sabino San Vicente, coordinador dos Encounters

A aposta da cablera R supuxo a instalación desde Vigo dun cable de fibra óptica que ofrece unha velocidade de 10 Gb, 10.000 megabytes de conexión fronte aos 100 ou 200 que ten a maioría da xente na casa. Como explica Sabino esta velocidade da unha imaxe aos usuarios do que será o futuro

Unha das cousas que máis sorprende e a idade da xente, os afeccionados son cada vez máis e non deixan de asistir polo que comezan a vir cos fillos

Cada vez máis estes encontros son un reflexo da sociedade, dunha parte da presente pero tamén unha mostra do modelo de poboación que teremos no futuro

O evento tecnolóxico da Fundación Semana Verde de Galicia

Ricardo Durán é o xerente da Fundación Semana Verde de Galicia ABANCA. Nosa explica que o XGN R Encounter foi unha aposta por entrar no sector dos eventos tecnolóxicos

A aposta por este sector entra dentro dunha estratexia para todo o recinto que comeza a ver os seus froitos no número de visitas e, sobretodo, na aposta das empresas pola Fundación

Ricardo Durán, xerente da Fundación Semana Verde de Galicia

O mellor de todo é que quedaron xa no pasado as novas sobre os problemas laborais e os debates sobre a continuidade, agora a aposta de crecemento e algo realista

O esforzo realizado, ao longo do último ano, para permitir unha boa infraestrutura tecnolóxica permitiu que este ano se centraran en mellorar o recinto de cara ao futuro

Queda moito por facer e un gran espazo por explotar. A Semana Verde de Galicia é con toda probabilidade un dos mellores recintos de toda Galicia por situación xeográfica e por instalacións e nos próximos anos verase ata onde pode chegar e que novas citas ofrece.

Unha mostra da actualidade en rede

Na actualidade falar de informática convertese as veces en falar de fontanería, todo o mundo a ten na casa e todo o mundo a usa. Estes encounters pasaron de ser un escaparate das novidades do sector a mostrar o camiño polo que discorre boa parte da innovación. Impresión en 3D, drons, proxectos de investigación vinculados ao espazo exterior e, por suposto, os video xogos en liña. De todo o mostrado en Silleda quedámonos cun sector que está cambiando a formación e a investigación, a realidade virtual. A empresa Wuau! ofreceu catro experiencias de realidade virtual extrema, unha combinación de realidade virtual co espazo físico e co propio corpo do usuario que da como resultado unha sensación de inmersión total; o explica un dos responsables, Nacho Junquera

Un dos espazos creados por @Wuautech

Non se trata dun xogo, ou polo menos non só, é unha ferramenta útil na formación en campos tan importantes como o da medicina

Non é doado de explicar pero o certo é que un sente que está no lugar que está vendo, as precaucións ante a posibilidade dunha caída ou a vertixe de voar non poden ser eliminadas da cachola por máis que un saiba que non son reais.

 

Un futuro moi real

A XGN R Encounter márcase como reto, en poucos anos, colocarse a segunda do país con 3.000 inscritos e por detrás da do País Vasco que conta xa na actualidade con 5.000. Ten as condicións adecuadas e as sensacións son de que o crecemento será moi rápido. É unha nova vida para un dos mellores recintos feirais de Galicia o que tal vez marque tamén un cambio no realidade social do país que comeza a saír pouco a pouco da crise.  

[ngg src=”galleries” ids=”96″ display=”basic_slideshow”]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies