A XIV Festa da Merenda de Aiazo repartiu máis de 1.000 tortillas de masa

0

Frades, 15 de abril do 2019 –  Milleiros de persoas participaron na edición número catorce da Festa da Merenda de Aiazo, celebrada na área recreativa de Aiazo (Frades). A diferenza do ano pasado, o tempo acompañou e iso fixo que a festa estivera moito máis concorrida.

Dende a Asociación de Veciños “Os Pasos”, organizadora da festa da merenda, explican que se ocuparon as máis de cen parcelas nas que se dividiu a área recreativa. As quendas organizadas coas vinte cociñeiras fixeron que dende as 12:00 e ata as 23:30 horas da noite non deixaran de saír tortillas de masa con torriscos pasando a cifra de 1.000 repartidas de xeito gratuito. O que volveu ser tamén un éxito foi a posibilidade de comprar merendas para levar a casa en caixas de pizza (3 euros unha merenda e a 5 euros dúas). Isto, unido ao euro de colaboración que os asistentes poñían a cambio dun pano conmemorativo, colabora ao financiamento da Festa.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, felicitou á asociación “Os Pasos” polo seu excelente traballo e destacou que “estamos diante dunha das grandes festas gastronómicas que se fan en Galicia grazas a produto tradicional e ao cariño e traballo co que o elaboran estas cociñeiras”.

Música

Durante a mañá, a música correu a cargo da Charanga Mekánika, unha habitual xa desta festa. Pola tarde, a partir das 16:00 horas, tivo lugar a gran Foliada da Merenda, organizada polo grupo Sarillo de Aiazo, que actuou canda Chorima (Rois) e Faíscas da Pontraga (Ordes). Ás 18:30 horas comezará unha gran verbena a cargo das orquestras París de Noia, habitual no último lustro, e Miramar.

A Festa da Merenda é posible grazas ao traballo da Asociación de Veciños de Aiazo, en colaboración co Concello de Frades. Un traballo que comeza días antes co acondicionamento da área recreativa e coa selección do touciño e demais ingredientes das tortillas de masa: auga, ovos e fariña, ambos caseiros, o que lles dá un sabor diferenciado a estas “merendas”. Se o primeiro obxectivo da Festa da Merenda era que os máis novos coñecesen a tortilla de masa e a importancia que tivo en décadas pasadas (cando era un dos pratos máis empregados na posguerra), agora a “merenda” converteuse nunha festa gastronómica para todas as idades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial