A Xunta afrontará as melloras no barrio noies de San Bernardo

0

Noia, 19 de xuño do 2018 –  A Conselleira de Infraestruturas e VIvenda, Ethel Vázquez, confirmou ao alcalde de Noia que as melloras no barrio de San Bernardo sairán a licitación antes dun mes.

O proxecto de humanización de San Bernardo recibirá un investimento de 280.000 euros. Según o alcalde, Santiago Freire, “É unha obra moi demandada pola veciñanza e suporá unha ordenación e unha configuración máis urbana e humanizada para o barrio de San Bernardo, unha das entradas a Noia. Nestes momentos hai unhas beirarrúas moi estreitas e con estas obras imos ampliar a sección, dándolles unha configuración máis urbana. Trátase dun proxecto onde os peóns terán prevalencia sobre os vehículos, polo que tamén está prevista a redución da velocidade de tránsito na zona”

Orro e Boa

Santiago Freire reuniuse coa Conselleira a mediados da semana pasada. No encontro Ethel Vázquez anunciou unha próxima visita a Noia para a inauguración oficial da senda peonil de Orro, unhas obras executadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda e que supuxeron un investimento de preto de 100.000 euros. “Unha visita na que poderemos amosarlle sobre o terreo a importancia de darlle unha continuidade a esta senda peonil e mellorar o traxecto dende Orro cara A Barquiña, seguindo a estrada AC-550”, apunta Santiago Freire.

Finalmente, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda tamén comprometeu a elaboración dun estudo para construír un tramo de beirarrúas en Boa, para mellorar a seguridade viaria nesa zona. “Unha actuación que se centrará, sobre todo, na zona da curva, onde hai unha cuneta pequena e queremos darlle continuidade ás beirarrúas. Para iso vaise elaborar primeiro un estudo informativo e despois se presentará o proxecto”, explica o alcalde noiés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies