A Xunta de Galicia aclara as competencias locais en materia de Política Lingüística

0

Bisbarra, 6 de xuño do 2018 – A Xunta de Galicia ven de presentar un informe que aclara as dúbidas sobre as competencias dos concellos en materia de Política Lingüística.

A normalización lingüística foi motivo nos últimos tempos dun debate de competencias nas administracións locais. A crise motivou recortes que afectaron a Política Lingüística cando os concellos comezaron a emitir informes de duplicidade de competencias. Estes informes acababan por afectar as contratacións de Técnicos de Normalización.

Ante esta polémica a Dirección Xeral de Política Lingüística ven de presentar en rolda de prensa un informe sobre a lexislación que afecta as competencias en materia de lingua galega. Na comunicación estaban presentes o Secretario Xeral, Valentín García, a Directora Xeral de Administración Local, Marta Fernández, e a presidenta da Coordinadora de Traballadoras de Normalización Lingüística, Anxos Sobriño. A principal conclusión do informe, emitido desde a Dirección Xeral de Administración local, destaca a obriga dos concellos de promover o uso da lingua galega, sobre todo cando son a administración máis cercana ao cidadán.

Desde os organismos autonómicos explícase que as administracións locais non teñen obriga de informar previamente a Xunta e poden adoptar medidas de normalización de xeito autónomo. Tamén apelan ao traballo conxunto entre administración e en este sentido destacan as iniciativas da Rede de Dinamización Lingüística da que forman parte 171 concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies