A Xunta de goberno adxudica o mantemento do Castelo da Rocha Forte

0

Compostela, 1 de xuño do 2019 – O concello de Santiago ven de adxudicar o servizo de mantemento do Castelo da Rocha Forte que atenderá á conservación, consolidación e limpeza da fortaleza.

Os coidados da Rocha Forte adxudicáronse cun orzamento de 55.000 €. Atenderán o espazo do castelo, actualmente pechado por un valo metálico, e tamén ás áreas exteriores inmediatas. A empresa encargarase ademais da conservación das estruturas instaladas como os paneis e os enreixados de peche.

Os traballos adxudicados contemplan a roza manual e a aplicación de tratamentos herbicidas axeitados ás condicións do xacemento. Tamén se realizarán controis mensuais das estruturas e traballos de consolidación dos noiros, seguindo os necesarios controis arqueolóxicos

Ampliación de horario na hostalería

Na Xunta de Goberno informouse favorablemente a ampliación nunha hora do horario de peche do que dispoñen na actualidade os establecementos de hostalería nas noites que van do 13 ao 15 de xuño, por mor da celebración do festival O Son do Camiño; nas noites que van do 12 ao 31 de xullo, por mor da festividade do Apóstolo; e nas noites que van do 9 ao 18 de agosto, por mor da festividade de San Roque. En relación ao Apóstolo, hoxe tamén quedou aprobado o contrato de Esmerarte Industrias Creativas, para a organización do concerto de Xoel López do próximo 21 de xullo.

Obras

En materia de obras, hoxe ampliouse o prazo para a execución da reforma do parque infantil da praza da Constitución. A ampliación será de 19 días, a contar dende a xornada na que se retomen os traballos.

Por último, acordouse resolver o contrato de execución das obras de rexeneración do pavimento de calzada do eixo das rúas Ponte Marzán Sandino e Cruceiro de Sar, asinado coa empresa ASFALGAL Técnicas Viarias. O motivo da resolución é o atraso acumulado na execución dos traballos, que finalmente derivou nun real e consciente abandono das obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial