A Xunta de Goberno de Oroso obrigada a acudir aos xulgados por unha factura mal redactada

0

Oroso, 15 de xaneiro do 2019 – O PP de Oroso presentou unha denuncia ante a fiscalía por unha obra pagada e non realizada cando en realidade trátase dun erro na redacción da factura.

Según o grupo Popular de Oroso, que presentou a denuncia ante a fiscalía por prevaricación, trátase dunha obra da que tiveron que pedir as facturas a Valedora do Pobo xa que o concello non llas quixo dar. Unha vez comprobado que a obra no se realizara decidiron presentar a denuncia. Agora reclaman un pleno extraordinario para que o alcalde de explicacións

Factura mal redactada

Desde o concello explican que o sucedido ten que ver co arranxo da tarima na Igrexa de San Román de Paradelos por un importe de 1.010 euros + IVA. Tal e como recoñeceu o carpinteiro, e como explicaron no xulgado os membros da Xunta de Goberno local, cometeuse un erro na redacción da factura e púxose Local Social de San Román no canto de poñer Igrexa de San Román.

A obra fora reclamada polos veciños e non era a primeira vez que se tiña que repoñer a tarima xa que a humidade estraga a madeira. Ao tratarse dun ben patrimonial, aínda que o mantemento non é responsabilidade do concello, decidiuse arranxar. A factura non tivo ningún problema nin en intervención nin en secretaría.

Sobre as facturas non entregadas desde o concello explícase que estas facturas son aprobadas nas Xuntas de Goberno local cuxas actas son públicas.

Recriminan ao grupo popular que en vez de advertir do erro acudira ao xulgado dous anos despois dos feitos. Tamén cren que están no seu dereito de pedir un pleno extraordinario pero lembran que a final de mes haberá un ordinario ao que se podería levar o tema. Por último lembran que en estes dous anos o PP non preguntou nunca nun pleno pola factura en cuestión o que demostra que a única intención é “xudicializar a política local”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial