A Xunta denega a aprobación definitiva do PXOM de Silleda

0

Silleda, 4 de xaneiro do 2019 –   A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia comunicou ao Concello de Silleda que non outorga a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

A resolución pola que se denega o PXOM data do pasado 26 de decembro; establece que o concello deberá de presentar unha serie de enmendas ao documento. A decisión chega máis de dous anos despois da aprobación provisional do planeamento por parte do Pleno, que tivo lugar o 18 de marzo do ano 2016.

Urbanismo advirte unha serie de consideracións que serán analizadas nos vindeiros días polos redactores do planeamento e técnicos municipais. Tamén se analizan os contidos de informes emitidos por distintos organismos, incluído o da Dirección Xeral de Patrimonio que a finais do pasado mes de novembro emitiu un informe favorable condicionado.

Os redactores do planeamento están xa a estudar o documento e a vindeira semana establecerase unha reunión convocada dende a Alcaldía para ver como se resolven as apreciacións da Administración autonómica.

“Analizaremos a incidencia desta resolución e as posibles solucións para dar resposta canto antes”, indica Manuel Cuiña, lamentando os retrasos na tramitación dun documento clave para o futuro de Silleda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial