A Xunta disposta a asumir o custo do desvío de tráfico pesado do Milladoiro

0

Ames, 27 de xuño do 2018 – Membros da Plataforma N550, que busca a humanización do Milladoiro coa diminución do tráfico, reuníronse co Delgado Provincial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, para concretar a posición do goberno autonómico sobre as demandas veciñais.

A Plataforma decidiu nas primeiras reunións demandar, como primeiras medidas para reducir o tráfico no Milladoiro, o desvío do tráfico pesado pola autovía de Noia e a unión coas Galanas. A Xunta ten que aboar un custo por cada vehículo que pasa por ese tramo polo que o acordo do goberno autonómico é imprescindible. 

O Delegado Provincial, Ovidio Rodeiro, explicou na reunión que a Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xa lle trasladou ao Ministerio de Fomento, o pasado mes de maio, a súa disposición para facerse cargo do desvío do tráfico pesado cara a Autovía Santiago-Brión e que tamén estaría disposta a pagar o incremento do custo polo pago da peaxe en sombra, que só en tráfico pesado suporía uns 3.000 camións diarios, uns compromisos que se manteñen.

Esta solución implica que o Ministerio de Fomento amplie a rotonda das Galanas xa que coa estrutura actual os camións non teñen radio de xiro suficiente. O seguinte paso da Plataforma será trasladarlle ao Ministerio esta demanda e o compromiso da Xunta a asumir o custo do desvío de vehículos en canto se faga efectivo.

Esta solución sería un primeiro paso moi importante de cara a eliminar a N550 no futuro ou, polo menos, poder reducir os dous carrís a un só humanizando considerablemente a zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial