A Xunta electoral prohibe unha manifestación do persoal do transporte de Sogama

0

Ordes, 27 de abril do 2019 – O persoal de transporte de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) de Sogama considera que é “grave e fóra de lugar” que a Xunta Electoral “censure” a manifestación que tiñan convocada para este sábado pola rúas de Ordes.

Os traballadores están en folga indefinida en demanda da readmisión de 8 compañeiros despedidos e esixen que rematen as presións ás que están sometidos, O presidente do comité de empresa, Manuel Regueiro, considera que non se pode mesturar un conflito laboral cunha campaña electoral “Unha cousa é a campaña electoral e outra isto. Supoño que tamén prohibirán, logo, a festa do champiñón que tamén se celebra este domingo en Ordes, para evitar que induzan ao voto”.

Presións da Garda Civil

O representante da FGAMT-CIG, Inácio Pavón denuncia tamén as presións directas recibidas da Garda Civil ameazando con que de celebrarse igualmente a manifestación cargarían contra as e os manifestantes. Nese sentido, Regueiro asegura que “nós queremos que sexa unha manifestación na que as veciñas e veciños dos traballadores participen e amosen a súa solidariedade e non imos arriscar a súa integridade”.

Pavós cualifica ademais de “medieval” esta forma de resolver conflitos e denuncia a falta de sensibilidade social da Xunta Electoral, que permite que todos os medios de comunicación fagan seguimento e informen de cómo pasan a xornada de reflexión as e os candidatos, “o que si induce a voto” e, porén, “impide que se visibilice nunha manifestación un conflito que afecta a 8 familias”.

A este respecto considera ademais que, no canto de censurar a mobilización, poderían ter pactado cos traballadores as consignas a corear ou as declaracións a facer no decurso da mesma porque “nós non pretendemos interferir na campaña, senón defender os nosos postos de  traballo”.

Nova data de manifestación

Os traballadores decidirán en asemblea a nova data de convocatoria da manifestación, que comunicarán en breve. Adiantan, en todo caso, que o conflito segue e que continuará mentres non se readmita a todos e cada un dos traballadores despedidos e cesen as presións sobre o cadro de persoal. De feito, nos últimos días mobilizáronse na Estrada, Lugo e Ourense.

Denuncian máis unha vez a responsabilidade de Sogama e da Xunta por permitir que se produzan este tipo de comportamentos nunha contrata de transportes que traballa para unha empresa pública.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial