A Xunta licita a redacción dun estudo sobre as melloras a aplicar na praia de Furelos en Melide

0

Melide, 27 de decembro do 2018 – A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto para resolver a acumulación de sedimentos na zona de baño da praia fluvial de Furelos, en Melide

O obxectivo é analizar as alternativas e redactar o proxecto construtivo das actuacións para resolver os problemas ocasionados pola modificación do réxime hidráulico que sofre o río Furelos, co fin de mellorar a súa conectividade na contorna da praia fluvial. As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de xaneiro. O proxecto de mellora en Furelos ten un investimento de 53.000 euros e o prazo de execución e de 8 meses.

Sedimentos acumulados

Na contorna deste río existe unha zona de baño habilitada na praia fluvial, que cun espazo de recreo. Na actualidade, o espazo reservado para o baño atópase colmatado por acumulación de sedimentos retidos no azud.

Para solucionar esta situación analizaranse diversas actuacións, entre elas a apertura de todo ou parte do azud co fin de dispor dunhas comportas que se abran no inverno e que permitan o fluxo dos sedimentos durante a época de máximas enchentes, e permanecendo cerrada na época estival para favorecer a zona de esparcemento público. Tamén se estudará a disposición de deflectores permanentes ou temporais, é dicir, dispositivos que modifican a dirección dunha corrente de fluído, co obxectivo de evitar a presenza de zonas mortas e contribuír ao fluxo dos sedimentos, recuperando ó réxime hidrolóxico do río.

Dalia García, a alcaldesa de Melide, reitera unha vez máis a implicación da Xunta de Galicia ante un problema que dende o organismo local sempre se lle intentou buscar a mellor solución, tendo en conta que se trata dunha área moi utilizada polos veciños e veciñas da vila durante os meses de verán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial