A Xunta reforzará a retirada de niños de velutina en Melide, Toques, Santiso e Silleda

0

Bisbarra, 2 de xaneiro do 2019 – A Xunta de Galicia reforzará a retirada de niños primarios de velutina en vinte concellos da Rede Natura, catro deles na bisbarra.

Melide, Toques, Santiso e Silleda serán concellos prioritarios nas accións para erradicar a velutina por ter parte da súa superficie dentro da Rede Natura. A decisión deuse a coñecer na reunión que mantivo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, con representantes da Agrupación Apícola de Galicia

A conselleira manifestou que para a localización dos mesmos é fundamental a colaboración cidadá, xa que a través dos avisos e dos avistamentos pódense activar as medidas necesarias para a súa retirada no prazo máis breve. Ángeles Vázquez lembrou aos representantes da Agrupación que a Xunta participa no proxecto Positive, no que esta agrupación tamén son socios beneficiarios asociados do proxecto, unha iniciativa para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control da vespa velutina entre países da zona Sudoe (países do sudoeste europeo).

Trátase dunha acción dentro dos proxecto Interreg-Sudoe. O obxectivo é contribuír á preservación dos insectos polinizadores que están sendo atacados por especies como a velutina e que merman a súa función natural. Búscase o desenvolvemento de métodos conxuntos para o control de insectos invasores como a vespa velutina.

O proxecto ten un orzamento de case dous millóns de euros e conta con financiamento nun 75% de fondo FEDER. Conta coa transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como é o caso de Francia, aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como son o norte e noroeste de España e de Portugal, e que se atopan en momentos importantes para a súa xestión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial