A Xunta suspende as concesións de transporte á espera de que a patronal presente un recurso

0

Bisbarra, 29 de abril do 2019 – A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade suspendeu provisionalmente a contratación das novas concesións de transporte público en cumprimento do mandato do Tribunal administrativo de contratación pública de Galicia.

A suspensión cautelar das licencias de transporte prodúcese despois de que as catro federacións de transporte ( a nacional Anetra e as autonómicas Fegabús, Fegatravi e Transgacar) anunciaran a presentación dun recurso administrativo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade defende a absoluta corrección xurídica da licitación en curso e considera preferible que se realice esta suspensión do procedemento ata que o Tribunal se pronuncie para blindar así a seguridade xurídica do proceso. Desde a Consellería lembran que conta co aval do pronunciamento ao seu favor do Tribunal administrativo central de recursos contractuais ante o recurso similar presentado polas federacións de transporte no ano 2017.

A posición da Xunta e seguir avanzando co plan e que en agosto comecen a funcionar os novos contratos. O Tribunal pronunciarase a partir do 9 de maio que é o prazo que ten a patronal para presentar o recurso anunciado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial