A Xunta xa é a titular da estrada Ordes – Cerceda

0

Co treito comprendido entre o límite co concello de Ordes e a glorieta situada no acceso ao Aquapark, de 3,1 quilómetros complétase a transferencia da titularidade da estrada a Xunta

mapa da zona transferida a XuntaSantiago de Compostela, 5 de novembro do 2016- O Consello da Xunta autorizou hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade  dun treito da estrada Ordes- Cerceda, por Virís, ao seu paso polo concello de Cerceda, de titularidade municipal, a prol da Xunta de Galicia.

Trátase do tramo comprendido entre o límite co concello de Ordes e a rotonda situada no acceso ao Aquapark, de 3,1 quilómetros.

O Goberno autonómico asumiu no pasado mes de xuño a titularidade da parte desta vía que percorre o concello de Ordes, de 8,28 km, e constitúe o principal acceso a Sogama, polo que se completa deste xeito a transferencia desta estrada a favor da Xunta.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou tramos que estean incluídos no inventario da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de estradas.

O cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Mellora de seguridade

Cómpre lembrar que a Administración autonómica ten previsto acondicionar a estrada Ordes-Cerdeda, no treito que percorre o concello de Ordes, dado que no tramo que percorre o de Cerceda xa foi acondicionado polo municipio.

Na actualidade a estrada que comunica Ordes con Cerceda, a través de Mercurín, resulta estreita e pouco axeitada, tendo en conta a importante intensidade de vehículos pesados que circulan por ela por servir de acceso principal a varias instalacións industriais entre as que se atopa a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

Por iso, o Goberno galego aumentará a súa capacidade e incrementará a seguridade viaria mediante o aumento da súa sección e mellora de sinalización, drenaxe, balizamento e interseccións.

A Axencia Galega de Infraestruturas licitou o pasado 16 de setembro o contrato para execución da obra de alargamento e mellora da estrada de Ordes a Cerceda, entre os PQ 0+000 e 7+000, no concello de Ordes, que conta cun orzamento de máis de 2 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses. Ademais, iniciouse tamén o proceso expropiatorio, e xa se realizou o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos afectados entre os días 17 e 19 de outubro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial