A XXII Festa dos Maiores do Concello de Frades reuniu a máis de 550 veciños

0

Frades, 27 de maio do 2019 –  Máis de 550 veciños e veciñas participaron na XXII Festa dos Maiores de Frades, celebrada como todos os anos o derradeiro sábado de maio na carballeira de San Nicolau.

A festa estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; e polo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa. Ambos estiveron acompañados polo deputado autonómico Miguel Prado Patiño, polo fillo predilecto do Concello de Frades, José María Botana; e por concelleiros e concelleiras dos distintos grupos municipais.

O tempo acompañou e a festa que comezou ás 13:00 horas cunha misa, que deu paso a unha primeira actuación do grupo Eva e Camilo. Despois tivo lugar o xantar de confraternidade, servido polo restaurante Casa Taboada (Touro). Como é habitual, o menú estivo composto por empanada, polbo e carne asada, con tarta e xeado de sobremesa. A partir das 16:30 horas, a música correu a cargo dos grupos folclóricos “Sarillo” (Aiazo) e “Pinga de Troula” (Galegos). A última hora da tarde, o Concello renderá homenaxe aos veciños e veciñas maiores de 90 anos que estean presentes na festa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial