A XXXVI Carreira Pedestre da Amaía estreará un novo circuíto

0

Brión, 30 de agosto do 2018 –  O Concello de Brión vén de abrir o prazo de inscrición na tradicional Carreira Pedestre da Amaia, que este ano chega á súa edición número 36 cun novo circuíto.

Saída de adultos 2016

A Carreira da Amaía terá lugar o sábado 6 de outubro, a partir das 17:00 horas, na Carballeira de Santa Minia e poderán participar atletas federados e non federados, que estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.  A organización da proba deseñou este ano un novo circuíto moito mais rápido, menos duro e mais vistoso ca en edicións anteriores, con saída e chegada na Carballeira de Santa Minia. Os participantes darán dúas voltas a un circuíto de 4,75km (98% asfalto e 2% terra en bo estado), completando un total de 9,5 km. As probas infantís mantéñense na Carballeira.

Incluída no Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, as inscricións poderán formalizarse ata as 14:00 horas do vindeiro 3 de outubro a través da web www.carreirasgalegas.com. As inscricións dos adultos custarán 5 euros, mentres que as dos menores de 12 anos son de balde.

Máis de 1.000 euros en premios

Repartiránse mais de 1.000 euros en premios e todos os participantes levarán camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta, de 9,5 quilómetros de lonxitude: 200, 170 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

As categorías dos pitufos e prebenxamíns non serán competitivas, polo que todos os participantes recibirán cadansúa medalla. O Concello de Brión porá a disposición de todos os corredores o pavillón polideportivo para que se poidan duchar, así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura.

Saída de cativas 2016

A Carreira Pedestre da Amaia é unha das probas atléticas máis importantes do panorama galego. Con 36 anos de antigüidade, é unha proba de referencia na comarca de Santiago que ten lugar todos os anos xusto despois da tradicional Romaría de Santa Minia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial