ABANCA deixa sen servizos a distancia a centos de miles de clientes

0

Compostela, 28 de febreiro do 2019 – Durante a xornada do martes e ata moi avanzada a tarde de onte mércores os clientes e clientas de ABANCA non puideron acceder aos servizos en liña da entidade bancaria.

Según o comunicado da Unión de Consumidores de Galicia desde ABANCA catalogaron o feito como “un fallo nas comunicacións” que afectou aos caixeiros, á banca electrónica e á aplicación móbil. Tras varias horas sen noticias, un chío na conta de Twitter de ABANCA informaba a usuarios e usuarias de que a entidade se comprometía a devolver as comisións xeradas ao utilizar caixeiros doutras entidades.

Ao igual que as persoas afectadas por esta incidencia, a Unión de Consumidores di descoñecer as causas que xeraron dita problemática. Ata o momento, desde ABANCA non comunicaron se as causas tiñan orixe interno ou externo, nin tampouco achegaron información actualizada e transparente sobre o que estaba a suceder.

Neste sentido, UCGAL manifesta o seu malestar pola mala xestión do servizo de atención ao cliente e pola escasa información que transmitiu a entidade a través das súas canles de comunicación. Para a asociación de consumidores resulta evidente que non se fixo un esforzo decidido por tranquilizar e orientar ás persoas afectadas. Esta falta de rigor na atención plantexa a cuestión de se o servizo de atención de ABANCA está preparado para facer fronte a situacións que podemos catalogar de excepcionais nas que as persoas consumidoras demandan e precisan información, transparencia e tranquilidade.

Ante a falta de información sobre as causas da incidencia UCGAL explica que non pode “aventurar cal é a responsabilidade real e obxectiva da entidade pola deficiencia do servizo pero, evidentemente, ABANCA deberá atender aos prexuízos ocasionados polo fallo. De tódolos xeitos, se a causa é endóxena, para esta entidade o tempo de resolución resulta excesivo e parece evidenciar un deficiente dimensionamento dos servizos técnico e de atención ao cliente”.

As problemáticas resultantes deste fallo son moi diversas, algúns dos prexuízos serán máis sinxelos de cuantificar que outros. A casuística podería ser tan dispar que abranga desde usuarios do transporte público que non poden recargar as súas tarxetas de viaxe, a persoas con descubertos nas contas ou con problemas derivados das devolucións de recibos (luz, auga, administracións públicas).

A Asociación de Consumidores recomenda ás persoas afectadas gardar os resgardos, tíckets e información que avale o prexuízo ocasionado pola caída dos sistemas a distancia de ABANCA ao fin de presentar a correspondente reclamación. No caso da banca electrónica e da aplicación móbil é importante rexistrar o problema capturando imaxes da pantalla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial