займ срочно

Abanca terá que devolver 200.250€ a dous veciños de Lalín

2

Lalín, 24 de novembro do 2020 – Abanca terá que devolver máis de cen mil euros a un veciño de Lalín, por unha sentenza xa firme, e unha cantidade similar está pendente dun recurso nun xuzgado da vila.

En mabos os dous casos os veciños mercaron unha vivenda a unha promotora que pola que pagaron nun caso 80.250€ e noutro 120.000€. A promoción de vivendas nunca se rematou xa que a promotora quebrou. Os dous litigantes chegaron a acordos, nun caso para ocupar outra vivenda da promoción e noutro para acceder a unha vivenda en aluguer sen pagar renda, pero nunca foron propietarios civis das casas que ocupaban.

Equipo de avogados que conseguiu a sentencia

Falta de avales

Ambas sentenzas teñen elementos comúns. Así estiman que a lei 58/68 xera obrigas non só aos promotores inmobiliarios, tamén ás entidades de crédito. O motivo é que, sendo coñecedoras da existencia de abonos a conta para pagamento de  vivenda, non esixían ao promotor a constitución de aval.

Por outra banda, esta responsabilidade das entidades bancarias vén dada porque non son alleas á relación entre a persoa compradora e a promotora, deben colaborar activamente coa parte promotora para asegurarse de que cumpre coas súas obrigas legais (neste caso de recibir os anticipos nunha conta debidamente garantida).

É suficiente con que a entidade bancaria coñeza ou opte por ignorar que as persoas compradoras están a ingresar cantidades a conta do prezo das vivendas adquiridas para que responda por non ter esixido ao promotor a apertura dunha conta especial, separada e debidamente garantida.

Desde o gabinete de Xoan Antón Pérez-Lema, que levou o caso, explican que  os conceptos aportados non deixan lugar a dúbidas, polo que a entidade bancaria permaneceu na ignorancia voluntariamente, o cal non a exime de responsabilidade.  Así, a responsabilidade de Abanca neste caso, é de 80.250€ (neste caso con sentenza firme) e de 120.000€, cantidades ingresadas na conta da promotora, cos seus xuros legais desde a data de ingreso de cada unha das cantidades anticipadas.

O gabinete Pérez Lema engade que o prazo para presentar demandas sobre a lei 57/68 finaliza o 23 decembro polo que persoas que se atopen en situacións similares poderían tamén recuperar os cartos invertidos.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies