Abandonan dous becerros mortos nun monte de Trazo

0

Trazo, 25 de setembro do 2020 – O concello de Trazo denuncia nas súas redes sociais o abandono de dous becerros recen nacidos no Monte da Medorra.

Os cadáveres dos becerros foron atopados o pasado día 19 nunha pista forestal de Campo. O concello procedeu a poñelo en coñecemento das autoridades co fin de atopar aos responsables xa que se trata dunha infracción considerada grave según a lei 8/2003, do 24 de abril “o abandono de animais, dos seus cadáveres ou de produtos ou materias primas que entrañen un risco sanitario para a sanidade animal, para a saúde pública ou contaminen o medio ambiente (…) sempre que non estea tipificado como falta moi grave”.

Abandonan dous becerros mortos nun monte de TrazoO abandono de becerros, ou outros animais, eran moi comúns hai décadas pero hoxe en día as explotacións están obrigadas a contactar cunha empresa especializada. O máis común é que as granxas dispoñan dun seguro agraria que cubra os gastos de este tipo de situacións. A multa por esta infracción podería chegar aos 60.000 euros.

Tal como informa o concello na súa publicación unha boa xestión busca “reducir ao máximo os riscos para a saúde humana, a sanidade animal e o medio ambiente. Este tipo de accións reflicten a falta de civismo e responsabilidade que aínda hoxe se observa na cidadanía, se ben son casos excepcionais”.

Abandonan dous becerros mortos nun monte de TrazoTrazo lembra tamén que velar pola integridade dos nosos e do noso entorno “é deber de todos,  e conséguese mediante as boas prácticas en tódolos ámbitos. Este tipo de accións non teñen cabida nunha sociedade avanzada que camiña cara a concienciación en materia medioambiental e social”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial