займ срочно

Denuncian o estado de abandono da biblioteca de Bertamiráns en Ames

0

Ames, 5 de outubro do 2017 – O Partido Popular de Ames cualifica de chapuza a xestión do goberno municipal da biblioteca de Bertamiráns e solicita información sobre a desaparición de exemplares.

biblioteca do Milladoiro

O PP denuncia que o concello ven de ser condenado a pagar unha indemnización por danos morais ao modificar as condicións de traballo do persoal da biblioteca de Bertamiráns.

O último episodio, según os populares,  vén motivado polas obras que se van a realizar no Auditorio. As obras para elevar o escenario impiden a súa utilización, polo que a actividade de teatro infantil, que se realiza todos os martes de 17:00 a 19:00 horas, durante os meses  de outubro, novembro e decembro, foi trasladada á biblioteca municipal, quedando por tanto suprimido o servizo de biblioteca.

O Grupo Municipal Popular de Ames lembra que en numerosas ocasións denunciou o estado de abandono en que se atopa a Biblioteca Municipal de Ames, servizo público adscrito á Concellería de Educación, e que presta os seus servizos nas denominadas Axencias de Lecturas de Bertamiráns e Milladoiro. Para o PP son alarmantes as deficiencias observadas no funcionamento da Biblioteca Pública Municipal. O sistema de devolución de libros, que debe estar exercido polo persoal da biblioteca, en numerosas ocasións delegase na conserxería. Así foi recentemente en Bertamiráns, coincidindo co inicio do curso escolar; mentres que en Milladoiro devólvense nun espazo  habilitado na sala de lectura. Para o PP o máis preocupante é a apertura en momentos  nos que non existe persoal municipal encargado da custodia dos fondos, atopándose estes ao alcance de calquera persoa;  sen que exista un mínimo control para un posible furto de material.

Ante esta situación, a mediados do mes de xaneiro, o Grupo Municipal Popular solicitou ao goberno que procedese á realización dun novo inventario, e así ter coñecemento dos exemplares desaparecidos, ben por extravío ou por subtracción; e unha vez realizado o reconto solicitado procédase a notificar o número de exemplares desaparecidos.

A realización do inventario solicitado por fin realizouse entre os días  18 e 30 de setembro; polo que o Grupo Municipal espera resposta á información que pediu no seu día sobre o número de exemplares desaparecidos. Tamén solicitou información sobre o Importe do total dos fondos adquiridos de maneira onerosa, para o catalogo das Bibliotecas Municipais,  desde o un de agosto de 2015 ao  un  de marzo de 2017; e relación de empresas ás que se adquiriu devanditos fondos. En relación con este último asunto, convén lembrar que entre as causas que deron lugar a unha das demandas laborais interpostas polos traballadores da biblioteca atópase a de retirar ao traballador a función  de introducir no inventario de fondos os novos recursos provenientes de adquisicións onerosas, mentres que se lle permitiu continuar coa introdución dos fondos provenientes de doazóns. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies