Reclaman solucións ao abastecemento de augas en Brión

0

Brión, 27 de Nadal do 2017 – O BNG de Brión solicítalle ao Concello que inste a compañía Espina e Delfín a solucionar os continuos e reiterativos problemas no abastecemento de augas en moitas zonas do Concello.

O BNG de Brión a través do seu portavoz municipal, Xosé Penas, presentou onte unha proposta vía escrito ao goberno municipal solicitando actúe con todos os mecanismos legais ao fin de instar a compañía Espina e Delfín a solucionar dun xeito definitivo todos e cada un dos problemas que se repiten de forma regular no abastecemento de augas en diversas zonas e aldeas do Concello.

Dende o pasado 22 de decembro moitas vivendas de distintos lugares volven ter problemas na calidade da auga. Según o BNG a resposta por parte da compañía é sempre a mesma: que é apta para o consumo xa que pasa os “seus” controis. En outras ocasións  a resposta é que posiblemente sexa cuestión de días, ou que se debe a algún produto “químico”. O problema xa ven de fai tempo, de feito o BNG de Brión presentou varias veces preguntas nos plenos no referido a este tema, tendo sempre a mesma resposta: todo é normal.

E por iso polo que o BNG insta ao concello a que cumpra a súa función de control, verificación e inspección sobre  un tema tan importante para toda a veciñanza e que xa fai moito tempo agarda por unha solución a tan delicado tema.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies