Licítase o abastecemento de Moar e Añá en Frades

0

Frades, 9 de marzo do 2018 –  A Xunta de Galicia ven de licitar por un importe de 790.000 euros o abastecemento das parroquias de Moar e Añá no concello de Frades.

Coas obras de Moar e Añá, Frades chegará a un 99% de abastecemento no seu territorio. Espérase que os traballos comecen no verán co que poderían estar rematados a principios do 2019.

Obras a realizar

Actualmente as persoas das parroquias de Moar e Añá non teñen acceso á rede municipal de abastecemento de auga potable, polo que se abastecen de traídas particulares, pozos e outros métodos. Estas circunstancias poden entrañar problemas de saúde na poboación, ademais de supoñer para os veciños e veciñas unha incomodidade por teren que manter estas instalacións. O obxectivo destas obras é dotar dunha rede primaria de abastecemento de auga ao núcleo de Moar e executar pequenos ramais secundarios que abastezan ás vivendas da zona que non dispoñen de conexión a dita rede, entre os que figuran núcleos importantes de poboación como Campoduro e O Cadaval, das parroquias de Céltigos e Ledoira.  As obras de abastecemento inclúen a instalación de 21,38 kms de tubería de PVC soterrada en zanja. A actuación inclúe tres cruces de estrada, dous na DP-3801 e unha na DP-3802, ambas propiedade da Deputación da Coruña. Os pavimentos afectados pola execución das zanjas serán repostas cos mesmos materiais existentes na actualidade, na súa maioría aglomerado.

Financiamento da Xunta

O alcalde de Frades, Roberto Rey, sinala que “agradecemos á Consellería de Medio Ambiente que as obras saian a licitación tan pronto, polo que agardamos que os traballos poidan comezar durante este verán e poidan estar rematadas a principios de 2019”. Así mesmo, Rey Martínez agradece o compromiso da Xunta de Galicia “cun pequeno municipio rural como é Frades, xa que o Concello non podería nunca asumir en solitario esta obra”. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá os 790.821,37 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

O Concello de Frades puxo a disposición da Consellería todos os terreos precisos para a execución das obras libres de gravames; obtivo os permisos e licenzas precisos, sen repercutir ningún gasto sobre a Administración autonómica; e asumirá a conservación e mantemento das instalacións unha vez rematadas. Pola súa banda, a Xunta encargarase da licitación e execución dos traballos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies