Aberta ao baño a praia fluvial de Tapia

0

Ames, 10 de xullo do 2018 –  O Concello de Ames abriu hoxe, ás 15.00 horas, a área de baño da praia fluvial de Tapia. As analíticas feitas pola Consellería de Sanidade e pola empresa Espina & Delfín deron como resultado que a calidade da auga do río Tambre é entre bo e excelente.

Independentemente da apertura da praia de Tapia dende o goberno municipal vaise solicitar información aos organismos autonómicos correspondentes, para esclarecer o ocorrido no río Tambre dende hai 15 día e que provocou a aparición de peixes mortos e maila turbidez da auga.

Os parámetros microbiolóxicos analizados foron os enterococos fecais e os escherichia coli. Ambas analíticas dan un resultado moi similar. As mostras indican a existencia de enterococos fecais, pero en cantidade pouco significativa. Cómpre lembrar que os técnicos da Consellería de Sanidade recolleron mostras da auga o pasado domingo, mentres que o persoal de Espina & Delfín recolleu mostras o sábado e mailo luns. Esta mañá o concelleiro de Servizos Básicos, estivo na praia fluvial de Tapia e constatou que a turbidez da auga xa é menor, así como que non había máis peixes mortos. Blas García apunta que “as diferencias das analíticas feitas son mínimas e débense a que as mostras foron collidas unha o sábado e outra o luns, polo tanto o tempo de diferenza fai que varíen un pouco os parámetros, pero é unha variación mínima”.

Blas García queixase “da inoperancia da Consellaría de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, xa que o único que fixeron foi remitir o asunto a Augas de Galicia e pasarse a pelota duns a outros sen aclarar nada nin dar ningunha solución. A conselleira de Medio Ambiente parece que está máis preocupada por prepara a súa candidatura á alcaldía da cidade da Coruña, que en atender os problemas e necesidades da veciñanza de Ames”. Pola contra, quere agradecerlle ao xefe do servizo provincial da Consellería de Sanidade a atención prestada e a dilixencia en dar resposta ás demandas de información do Concello de Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial