займ срочно

Aberto o prazo de inscrición no Seminario Co(m)xénero

0

Compostela, 14 de marzo do 2019 – A segunda edición de Co(m)xénero, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero, celebrarase o martes 26 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA).

Co(m)xénero busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención á visibilización informativa e cinematográfica da identidade de xénero. Está dirixido a profesionais, estudantes de comunicación e a todas as persoas interesadas en adquirir ferramentas que lle axuden a abordar unha lectura crítica dos medios. A inscrición é de balde e estará aberta ata o 25 a través do formulario dispoñible na web do grupo.

Coordinado pola director de GEA, a catedrática Margarita Ledo Andión, e a docente e investigadora da USC Marta Pérez Pereiro, a segunda edición de Co(m)xénero desenvolverase co lema ‘Muller nas Estremas’ para explorar as fronteiras físicas, imaxinarias e culturais vencelladas ao xénero dende o punto de vista do cinema como medio para encaralas. No seu desenvolvemento contará coa presenza de dúas investigadoras especializadas no tratamento da muller e o feminino na contorna cinematográfica: Ana Catarina Pereira, docente da Universidade da Beira Interior (Covilhã, Portugal) e Elena Oroz, profesora da Universidade Carlos III e do Centro Universitario TAI.

Nesta edición, o Seminario Permanente de Comunicación e Xénero colabora coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Ademais, como explican as organizadores do evento, serve de complemento teórico e formativo a unha Carta Branca que, baixo o mesmo título de ‘Muller nas Estremas’, programa unha serie de proxeccións sobre a figura da muller como viaxeira, como migrante, como exiliada, con filmes que exploran as fronteiras como lindes á súa mobilidade física e simbólica. As sesións da Carta Blanca, programadas do 26 ao 28 de marzo en diferentes espazos de Compostela, abeiran pezas de estilos e estratexias nas que se entrecruzan o experimental, o ensaístico e o observacional a través das creacións de Ursula Biemann, Keina Espiñeira, Bouchra Khalili, Xosela Franco e Anxela Caramés.

No encontro tamén colaboran a Xunta de Galicia, a Oficina de Igualdade de Xénero da USC e a Asociación Xornalistas Galegas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies