Abre en Área Central Amazing Oulet

0

Compostela, 30 de novembro do 2017 –  O Centro Comercial Área Central segue na senda da recuperación coa apertura dun novo oulet centrado na telefonía, a electrónica e o pequeno electrodoméstico.

De esquerda a dereita Javier Suárez, xerente do centro comercial, e José Ramón García propietario da nova tenda

Amazing Oulet abre da man do empresario José Ramón García González, fundador e presidente, entre outras, das empresas Cocomm Telecomunicacións, Moon Off, Blusens, Magna Technology, Míster Nutrición ou Tendeus. É precisamente esta última, Tendeus, responsable da tenda física que agora se instala en Área Central e na que poderase acceder aos mesmos produtos cos que sorte a Amazon, da que é provedor.

Amazing Oulet contará cunha tenda de 350 m2 destinada a equipos de electrónica de consumo, informática, móbiles, etc. Este negocio ven, en certo modo, a sustituir a tenda física de Blusens, do mesmo propietario, que pechou fai pouco por un cambio de estratexia de vendas da marca.

Tendeus, da que nace a tenda Amazing Oule é provedora de Amazon para toda Europa. Os seus bos prezos, a variedade de produto, a dispoñibilidade das mellores marcas e a súa forte vinculación coas principais tendas de comercialización en liña do mundo, posibilitará unha recuperación de afluencia na zona verde de Área Central, o cal, á súa vez, permitirá en pensar en comercializar os locais que agora mesmo están baleiros na devandita esquina.

A apertura de Amazing Oulet é un chanzo máis dentro do traballo que desde hai un tempo vén desenvolvendo o equipo de comercialización de Area Central, equiparable ao que no seu día supuxo a entrada de Fifty Factory ( Outlet da firma Cortefiel). O bo camiño do centro comercial corrobórase coas aperturas que desde hai ano e medio fóronse rexistrando en Area Central no sector Outlet, a chegada de Bimba e Lola Outlet, Ramón Sanjurjo Outlet, O Nonno Outlet, Fifty Factory, Frisée Outlet; fóra do sector Outlet a tenda de mobles Area Moble; a tinturería e lavandería Dama Branca, a tenda de perfumes Parfum by Ángeles, a tenda de decoración Dreams, a peixaría Casmi, a xa mencionada Míster Nutrición; todo isto na planta baixa. Na planta primeira tamén se conseguiron varias aperturas: o centro de pilates Pilates Studio Area Central, a barbería Súkel, o local de xogos de escape The Paradox Room; e as sedes de varias empresas de servizos, como Alvite Construcións ou Silmaplast Santiago.

O labor comercializador únese á nova decoración de Area Central, cuxas obras deron comezo este verán e que estes días continúan nos corredores do centro comercial. A súa finalidade é dar cor aos corredores do complexo e, de novo, achegar un carácter diferenciador e orixinal a Area Central en relación ao que se pode atopar en calquera outra área comercial. Esta nova decoración tamén quere facilitar a orientación dos visitantes do centro comercial, quen poderá guiarse polos elementos decorativos dos corredores para saber a cor da esquina da “táboa de parchís” de Area Central na que se sitúa: esquina verde, vermella, amarela ou azul.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies