займ срочно

Abren expediente aos propietarios dos terreos da Mina de Touro

0

Touro, 23 de marzo do 2018 – O Director Xeral de Minas, Bernardo Tahoces, anunciou no pleno do Parlamento de Galicia a apertura dun expediente á propietaria dos terreos da antiga mina de Touro, Explotaciones Gallegas.

Tahoces anunciaba o expediente respondendo as preguntas de Pancho casal, deputado de En Marea, e ao grupo do PSdeG. dase a circunstancia de que Explotaciones Gallegas e á súa vez socio principal da promotora do proxecto de reapertura da mina en tramitación, Cobre San Rafael. A apertura do proceso administrativo vén derivado das denuncias formuladas pola asociación Aldea Viva por mor dos rebordamentos dunha balsa mineira na cota de Bama sobre o Río Brandelos acontecidos fai varias semanas.

Ao mesmo tempo a empresa mineira convocaba a unha presentación a certos medios de comunicación. En el o director Alberto Lavandeira, según a asociación Aldea Viva, chamaba “iluminados” aos veciños contrarios a reapertura acusándoos de ” manter posicionamentos ideolóxicos”.

Sempre según Aldea Viva o director do proxecto mineiro evitou pronunciarse sobre o estudo económico, cualificado por profesores da USC como Xoán Doldán de “inexistente”. Según estas mesmas fontes a parte económica do proxecto presentado comete “erros palmarios como extrapolar á minaría metálica datos correspondentes a outro tipo de actividades extractivas nas que a transformación do produto se fai na propia comunidade”.

Aldea Viva pon en dúbida o respecto medioambiental que publicita a empresa mineira e pídelle novamente á Administración que na tramitación da autorización do Proxecto Touro aplique o principio de prudencia e cautela e informe desfavorablemente o estudo de impacto ambiental.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies