Acampa, unha experiencia sobre persoas refuxiadas

0

Compostela, 21 de xuño do 2019 –  Alumnado de Educación Social colaboran hoxe e mañá co proxecto ‘Acampa, pola paz e o dereito ao refuxio’.

Acampa é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos e de institucións e empresas con responsabilidade social. A súa finalidade é mostrar como é un campo de persoas refuxiadas e por extensión comprender mellor as verdadeiras causas da guerra.

cartel proxecto AcampaO equipo de Educación Social da USC colabora co desenvolvemento dunha ‘Gymkana experiencial’, actividade que se inspira na mecánica de funcionamento dun ‘scape room’, onde as persoas participantes teñen que ir superando probar para resolver un misterio que se lles formula ao inicio. As probas simulan diferentes retos, a modo de paralelismo coas situacións que debe enfrontar unha persoa refuxiada na súa viaxe na procura dun suposto futuro mellor. O obxectivo da ‘gymkana’ é que as persoas participantes tomen conciencia das dificultades do refuxio, así como tamén sobre os discursos do odio e a discriminación.

O equipo que deseñou a proposta está conformado por Lorena Trillo López, Stefany Sanabria Fernandes, Yessica Vidal Lourido, Mónica Rodríguez Somoza e Nahir Queiro Alberte. A proposta xurde no marco do proxecto de Aprendizaxe-Servizo ‘EDUCO. Educación Social e intervención educativa’ e partiu da relación entre tres materias ao longo do 3º curso do grao en Educación Social vinculadas á planificación, xestión e avaliación de proxectos e a unha experiencia práctica real. No caso concreto do proxecto de ‘Gymkana experiencial’ no seu desenvolvemento conta co apoio da ONGD Ecos do Sur.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial