Mellora da accesibilidade na entrada de Melide

0

Melide, 11 de xullo do 2018 – O Concello de Melide, executa con fondos propios estes días melloras na estrada AC-840 ao seu paso pola vila, na zona de entrada ao municipio en dirección á Coruña.

Obras na entrada de MelideEntre as actuacións que Melide está a realizar atópase a ampliación de beirarrúas na zona que incrementan a seguridade de viandantes así como tamén a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Ao mesmo tempo, tamén se están levando a cabo obras para a reorganización do tráfico rodado na zona e o transporte público onde tamén se instalará unha marquesiña uniforme coa que xa está instalada neste mesmo viario AC-8540 na rotonda de Pontevedra co fin de prestar os mellores servizos aos veciños.

As obras serán sufragadas con fondos das arcas municipais e supoñen un investimento de cerca de 12.000 euros. Os traballos contribuirán a reorganización do tráfico rodado e peonil nesta zona residencial.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies