aCentral organiza en Tordoia unha xornada de música e baile

0

Trazo, 21 de decembro do 2018 – O proxecto itinerante é-baile chega este sábado a Trazo da man da asociación cultural Brisas do Quenllo.

Na escola unitaria do lugar de Belvís, en Numide (Trazo), acolle a primeira parada do proxecto itinerante é-baile, de aCentral Folque. Unha iniciativa impulsada pola Deputación de A Coruña, que busca poñer en valor as múltiples variedades locais que adopta o noso baile tradicional. O evento é libre e gratuíto.

A xornada comezará ás 18:00 horas cun curso de baile agarrado, impartido polo investigador e mestre Luís Prego. Prego leva a cabo en Facebook o proxecto Un punto ao día con Luís Prego , para promocionar e dinamizar o baile galego. Ás 20:00 horas tocará o dúo Tralo-Valo, integrado pola pandeireteira e bailadora Carme da Pontraga e polo zanfonista Ariel Ninas, mestre na zanfona da A.C. Brisas do Quenllo e integrante de aCentral Folque. A tarde concluirá cunha foliada aberta, a partir das 21:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial