Acordes. asociación de comerciantes de Ordes, reparten máis de 2000 € en premios

0

Ordes, 15 de maio do 2017 – A asociación de comerciantes de Ordes, Acordes, pon en marcha unha nova campaña de dinamización local na que sortearán premios valorados en máis de 2000 €.

bty

En total serán catro lotes valorados en máis de 500 euros cada un deles aos que poderán optar aquelas persoas que entreguen os boletos debidamente cubertos. Estes xa se poden solicitar nos establecementos participantes e deberán depositarse ata o 20 de maio como data límite. Para poder depositalos nas urnas colocadas nos establecementos é indispensable que conteñan o selo de catro comercios ou bares diferentes.

En total son máis de 70 negocios os que forman parte desta campaña e que entregaron premios e cheques agasallo valorados en 30 euros cada un. Tendas de moda de todas as idades e estilos, alimentación, xoguetes, óptica, telefonía, decoración, perruquería, mobiliario, xoias, libros, electrodomésticos, lencería, viaxes…. todo tipo de comercios participan nesta iniciativa.

Os gañadores ou gañadoras daranse a coñecer o vindeiro 26 de maio. O sorteo efectuarase en directo a través do magazine matinal de Radio Ordes.

Concurso de escaparates

Acordes organiza tamén o I Concurso de Escaparatismo A Primavera, para todos os establecementos de venda polo miúdo integrados na dita asociación. Invítase a todos a decorar os seus escaparates con motivos primaverais como mínimo ata o 31 de maio, o que contribuirá a mellorar a imaxe comercial do municipio.

As inscricións xa se poden levar a cabo a través do 630461634. O xurado que valorará os escaparates estará composto por un representante municipal e por dous integrantes da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ordes. O veredicto darase a coñecer o 26 de maio.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies