займ срочно

Acordo de colaboración entre A Cámara de Comercio e Viaqua

0

Compostela, 31 de maio do 2018 – A Cámara de Comercio de Santiago ven de asinar un acordo coa empresa Viaqua que ten como obxectivo establecer un marco xurídico para a colaboración de ambas entidades.

O acordo foi asinado por José Sierra, como presidente do ente cameral, e Julio Masid, director xeral de Viaqua. O convenio ten un ano de vixencia e servirá para a cooperación entre as entidades, a Cámara centrarase na defensa e difusión das actividades de Viaqua e a empresa convertese en socia dando un apoio continuado a entidade.

Julio Masid sinalou que con este acordo Viaqua, como empresa galega presente ao longo das catro provincias e na cidade de Santiago desde hai 47 anos, apoia á Cámara de Comercio e convértese nun exemplo para o resto das empresas da demarcación cameral, á vez que espera que esta acción sirva de “efecto chamada” para que outras compañías da contorna compostelá se asocien á entidade cameral. “As institucións son fortes na medida na que teñen o respaldo do sector empresarial”.

Pola súa parte, José Sierra agradeceu a colaboración de Viaqua e a súa implicación co futuro da Cámara de Comercio de Santiago. Ademais, explicou que este convenio terá o seu percorrido co desenvolvemento de accións concretas de interese común para ambas organizacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies