Acordo de colaboración entres a USC e Down Galicia

0

Compostela, 21 de febreiro do 2019 – O reitor Antonio López Díaz e o presidente da Federación Galega de Institucións para a síndrome de (Down Galicia), Delmiro Prieto González, asinaron no Colexio de San Xerome un acordo marco de colaboración.

A finalidade é regular a cooperación entre a USC e Down Galicia, en especial coa Facultade de Medicina e Odontoloxía, pero sen excluír outros centros, departamentos e servizos universitarios, para o desenvolvemento de actividades culturais, científicas, pedagóxicas ou de investigación, entre outras.

Entre as posibles modalidade de colaboración, o acordo asinado recolle a execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, a realizar entre os institutos e centros da universidade e a asociación; a cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico; o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas; ou actividades relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico.

A Federación Down Galicia ten como finalidade xeral coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro cara a mellora da calidade de vida de cada persoa con síndrome de Down e discapacidade intelectual e das súas familias, a través da plena inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade. Na actualidade confórmana as entidades de Down Vigo, Pontevedra ‘Xuntos’, Teima de Ferrol, Fundación Down Compostela, Down Coruña, Down Lugo e Down Ourense.

No acto de sinatura estiveron presentes a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Julián Álvarez Escudero; o vicedecano deste centro, Jacobo Limeres; e o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial