Acordo de Hostalería sobre a Ordenanza de terrazas

0

Compostela, 22 de xaneiro do 2019 – Despois de que o concello aceptara parte das alegacións presentadas polos hostaleiros agora o colectivo da o visto bo a nova ordenanza de terrazas.

A sede da Asociación Hostalería Compostela acolleu unha asemblea aberta a todo o sector hostaleiro compostelán na que se deu conta da proposta da nova modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería.

Tras ser atendidas parcialmente as alegacións feitas pola Asociación ao texto aprobado inicialmente polo Concello no pasado mes de xullo, a Asemblea decidiu dar o seu visto bo por unanimidade á modificación da Ordenanza, que será presentada polo Goberno local en Pleno.

A principal alegación tiña que ver co artigo 16.5 que sinala que “con carácter xeral a terraza deberá situarse acaroada á fachada do establecemento e a súa lonxitude limitarase á da fachada do local do que é auxiliar”. Engadindo que só “excepcionalmente” se podería separar a terraza do local ata un máximo de vinte metros”. Unha redacción que, en opinión do sector, era moi restritiva e xeraba inseguridade xurídica e indefensión dos propietarios dos negocios

Un momento da reunión dos hostaleiros

porque deixaba a decisión ao criterio subxectivo da Administración. No novo texto, que se redactou tras varias reunións cos responsables do Concello, substitúese o termo “excepcionalmente” por “xustificadamente”. Desde xeito, a terraza que se sitúe “acaroada á

fachada ou na liña de bordo da beirarrúa, e sempre que non se soliciten ambas ocupacións simultaneamente, poderá autorizarse superar os límites da fachada do establecemento, previa solicitude debidamente fundamentada á que debe achegarse autorización dos propietarios dos locais comerciais estremeiros”.

Tamén se valorou de xeito positivo que se conceda media hora para recoller as terrazas unha vez concluído o tempo de servizo e que se inclúa a legalización das terrazas interiores.

Ademais de que o novo texto permite modificar a disposición das mesas das terrazas sempre que se manteñan no espazo concedido e respecten a mobilidade do público e do persoal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial