Acordo para aprobar o orzamento de Ames

0

Ames, 16 febreiro do 2019 – O goberno municipal e Ames Novo chegaron a un acordo para aprobar un orzamento municipal que chegará ata os 25,8 millóns de euros.

O acordo sobre o orzamento amiense será perfilado nos detalles ao longo da vindeira semana despois de acordar as liñas xerais. O proxecto orzamentario supón un incremento de máis de 1 millón de euros respecto do exercicio anterior e mantén a prioridade en temas como educación, asuntos sociais e infraestruturas.

Goberno e Ames Novo coincidiron en afrontar investimentos como o dos comedores escolares que permita a incorporación de novo usuarios este curso e a ampliación de prazas de cara ao próximo. Tamén hai a intención de ampliar significativamente o capitulo de programas sociais. Finalmente os orzamentos permitirán investir de xeito máis doado os fondos europeos DUSI que con orzamentos prorrogados serían de difícil uso.

Goberno e Ames Novo coincidiron na consideración de que a aprobación duns orzamentos sempre supón unha ferramenta que posibilita o avance do concello, a mellora de servizos e a posibilidade de unha mellor atención ás demandas da cidadanía, independentemente de a quen lle corresponda executalos despois da celebración das eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial