займ срочно

Actividade artística ou venda ambulante? Compostela aclara as diferenzas

0

Compostela, 29 de marzo do 2021 – Despois das queixas de algúns artistas pola modificación provisional da normativa de actividades de rúa o equipo de goberno de Compostela aclara as dúbidas e as diferenzas coa de venda ambulante.

Desde o concello explícase que Compostela conta con dúas normativas diferenciadas que establecen as condicións nas que se poden desenvolver a venda ambulante, por un lado, e a actividade artística na rúa, por outro, ambas aprobadas en 2013.

No caso da venda ambulante é preciso estar dado de alta como autónomo para o exercicio do comercio, pagar a taxa correspondente á utilización de vía pública por venda ambulante e exercer a actividade na zona establecida ao efecto por parte do Concello. No caso da zona vella pódese exercer na Rúa Nova.

Actividade artística e venda

En canto ao que respecta á regulación da actividade artística na vía pública, a norma aprobada en 2013 establece que a actividade artística non é unha actividade comercial. Por este motivo, non se pode poñer prezo nin vender. En caso de que un artista quixese proceder á venda tería que cumprir coa normativa establecida no regulamente de venda ambulante, ao igual que os demais comerciantes.

O novo decreto de actividades artísticas, aprobado o 16 de marzo de 2021, precisa a normativa anterior concretando os espazos nos que poden emprazarse as actividades artísticas segundo o ditame da Comisión asesora do patrimonio histórico. Modifícase a hora establecida para o Arco de Palacio: no canto de ser de 10 a 22 horas, será de 12 a 21 h. En canto ás actividades artesanais, séguese o criterio establecido pola Comisión asesora do patrimonio histórico no relativo ao necesario respecto ao valor universal excepcional recoñecido á cidade histórica pola Unesco.

Lindeiros falaba para o podcast co concelleiro responsable da área, Gonzalo Muiños, que nos explicaba estas novas normas

Sobre a polémica cos artistas Muiños aclaraba que non é mesmo tocar e recibir esmolas que, ao mesmo tempo, vender un soporte físico coa música xa que en ese caso hai que aplicar as dúas normativas

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies