займ срочно

ACUAES avanza na licitación da EDAR de  Silvouta

0

Compostela, 11 de maio do 2019 – O Consello de Administración da sociedade mercantil estatal Augas de las Cuencas de España ( ACUAES), do Ministerio para la Transición Ecológica, aprobou o documento descritivo para a licitación do contrato de redacción do proxecto, execución das obras e explotación da nova EDAR de  Silvouta, en Santiago de Compostela.

A licitación será sometida a un procedemento de diálogo competitivo, sistema de adxudicación da Lei de Contratos do Sector Público, que permitirá atopar a solución innovadora que se axuste máis ás necesidades deste proxecto, cuxo obxectivo é realizar un tratamento eficiente das augas residuais, en cumprimento cos requirimentos de vertedura ao río Sar esixidos pola normativa vixente.

O primeiro paso do procedemento é a elaboración dun documento descritivo que sente as bases do contrato e que, coa súa publicación, permita a presentación de propostas, entre as que se seleccionarán varias coas que desenvolver o dialogo competitivo. Desenvoltas as propostas por cada un dos candidatos seleccionados, convidaráselles a que presenten a súa oferta definitiva, sendo seleccionada a que dispoña dunha mellor relación calidade prezo en base aos criterios de valoración dispostos na invitación (técnicos, económicos e de prazo).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies